Benvidas familias! Comezamos este novo curso, e a escola de pais e nais volve a poñerse en marcha. Agradecemos a vosa participación e colaboración durante o curso anterior, e desexamos que as ponencias planificadas para este curso sexan do voso agrado e vos sirvan de axuda no proceso educativo dos vosos fillos e fillas. Pois como ben di un proverbio africano, "para educar ben a un individuo precisamos unha tribu, e para educar ben, cómpre unha boa tribu". Como familias, somos un dos piares desa gran tribu, e través desta escola, coñeceremos moitos temas do noso interese que nos poden facilitar esta tarefa. Sen máis preámbulos, comunicamos cando terá lugar a primeira xuntanza. Primeira xuntanza do curso 2016/2017. LUNS 24 DE OUTUBRO. 18:15horas. Salón de actos do IES de Melide. Sito na aula 309. TEMA A TRATAR. " Como axudar ós meus fill@s cos estudos?" PONENTE. Mª Jesús García Taboada. Orientadora do IES de Melide.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
Autoría:Este espazo está confeccionado coa colaboración das familias e persoal do IES de Melide Archivos
Noviembre 2016
Categorías |