Escola de Nais e Pais 
do IES de Melide
  • Inicio
  • Contacto
  • Blog

Escola de Nais e Pais

do IES de Melide

Como axudar aos nosos fillos nos estudos

11/26/2015

0 Comentarios

 
O luns día 23 de Novembro tivemos a nosa primeira xuntanza. Neste primeiro encontro, falamos coa orientadora do centro, Graciela Fiaño Cacheda, sobre como axudar aos nosos fillos nos estudos.
De toda a ponencia, que podedes volver a ver premendo na ligazón que atoparedes ao final desta entrada, quedámonos coas seguintes intencións:
  • Animar aos nosos fillos a que se marquen un obxectivo a longo prazo, que este longo prazo para eles sería o curso escolar: Que queren conseguir neste curso? Cales son as súas espectativas?
  • Unha vez marcado o obxectivo principal de curso (un ou dous ao máximo) marcamos obxectivos a curto prazo, a modo de pegadas que nos permitan ir visualizando o avance para acadar o gran obxectivo, por exemplo, nesta primeira avaliación: que me propoño conseguir? (aprobar todas as asignaturas, empezar a estudar diariamente,...)
  • E unha vez marcados os pequenos obxectivos poñemos os medios para conseguilos,  un deles, comentado por Graciela, é preparar un horario de estudos realista que ademais, o alumnado do centro, está traballando nas titorías. Dende as casas, podemos revisar ese horario ou facelo se non chegou a completalo, recordando que un alumno/a de 1º da ESO probablemente precise de axuda para confeccionalo, pero un alumno/a de 4º da ESO debería ser capaz de facer o horario de forma autónoma. (na parte inferior da entrada podedes descargar o modelos de horario amosados na xuntanza).
  • Feito todo isto so queda a labor de supervisión que como nais e pais debemos de facer a estas idades. Para facilitar esta tarefa e visualizar os progresos, poderemos ir marcando nun calendario que teñamos a man (se hai un na cociña sería o sitio perfecto) os días que foi cumprindo o horario fixado, e se conseguimos cumprilo 21 días poderíamos decir que conseguimos crear un hábito.
Ánimo coa proposta e se tedes algunha dúbida ou queredes facer algún comentario xa sabedes que aquí tedeso voso espazo.​
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Autoría:

    Este espazo está confeccionado coa colaboración das familias e persoal do IES de Melide 

    Archivos

    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Contacto
  • Blog