Escola de Nais e Pais 
do IES de Melide
  • Inicio
  • Contacto
  • Blog

Escola de Nais e Pais

do IES de Melide

XUNTANZA 13 MARZO

3/9/2017

0 Comentarios

 

CANCELADA

Sentíndoo moitísimo temos que avisarvos de que a xuntanza que tiñamos prevista para o mes de abril sobre o acoso e que nos iban a das os formadores do  Plan Lector cancélase por un imprevisto do relator. 
0 Comentarios

xuntanza 13 febreiro 2017

2/21/2017

0 Comentarios

 

SOFTWARE LIBRE: QUE É? PARA QUE SERVE?

Imagen
O pasado 13 de febreiro estiveron connosco Rafael Gayoso e Jorge Lama, membros da asociación MELISA (Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide) para contarnos que é iso do software libre, e que avantaxes ten a súa utilización.
Algo que nos quedou claro desta xuntanza é a diferenza que existe entre o software privativo e o software libre, e que ademais existen alternativas que polo menos podemos explorar. A continuación e tal e como quedamos na xuntanza, tedes as ligazóns para descargar os programas máis empregados no IES de Melide e cos que traballan os rapaces nas aulas.
  • O PAQUETE DE OFIMÁTICA LIBRE OFFICE: ten un editor de textos (WRITER), unha folla de cálculo (CLAC) e un editor de presentacións (IMPRESS). Podedes descargalo da súa páxina oficial:  https://es.libreoffice.org/
  • EDITOR DE IMAXES: o que empregamos no centro é o GIMP, permítenos crear e deseñar imaxes, facer animacións e editar fotografías, podédelo descargar na páxina oficial de GIMP na seguinte ligazón: http://www.gimp.org.es/descargar-gimp.html
  • EDITOR DE VIDEOS: aquí usamos varios, o OpenShotVideoEditor, que podedes descargar dende a súa páxina oficial premendo na seguinte ligazón:  http://www.openshot.org/download/ ou podedes utilizar tamén o Kdenlive que podedes descargar na seguinte ligazón: https://kdenlive.org/download/
Como veredes hai un montón de alternativas, se nalgún momento queredes consultar algunha opción de software libre podedes buscar na páxina de CD libre (accede premendo na seguinte ligazón: http://www.cdlibre.org/index.html) , aquí atoparedes multitude de programas que se poden instalar en windows, tedes un catálogo e está ordenado por temas alfabéticamente. 
0 Comentarios

Segunda xuntanza. Curso 2016/2017

11/7/2016

0 Comentarios

 


Día, 28 de novembro do 2016.

Lugar. Salón de actos do IES de Melide. Aula 309.
​

Poñente. Carmen  Loureiro.



0 Comentarios

Exposición da última xuntanza.

11/7/2016

0 Comentarios

 
como-axudar-fillos-estudos.pptx
File Size: 5576 kb
File Type: pptx
Descargar archivo

Deixamos no enlace anterior as diapositivas empregadas durante a conferencia, para que poidades botar un vistazo e lembrar os aspectos importantes.
0 Comentarios

BENVIDOS A ESCOLA DE PAIS E NAIS 2016/2017

10/17/2016

0 Comentarios

 


Benvidas familias!


Comezamos este novo curso, e a escola de pais e nais volve a poñerse en marcha.
Agradecemos a vosa participación e colaboración durante o curso anterior, e desexamos que as ponencias planificadas para este curso sexan do voso agrado e vos sirvan de axuda  no proceso educativo dos vosos fillos e fillas.
Pois como ben di un proverbio africano, "para educar ben a un individuo precisamos unha tribu, e para educar ben, cómpre unha boa tribu".  Como familias, somos un dos piares desa gran tribu, e través desta escola, coñeceremos moitos temas do noso interese que nos poden facilitar esta tarefa.
Sen máis preámbulos, comunicamos cando terá lugar a primeira xuntanza.


Primeira xuntanza do curso 2016/2017.


LUNS 24 DE OUTUBRO. 18:15horas.

 Salón de actos do IES de Melide. Sito na aula 309.

TEMA A TRATAR.
" Como axudar ós meus fill@s cos estudos?"

PONENTE.
Mª Jesús García Taboada. Orientadora do IES de Melide.

0 Comentarios

próxima xuntanza 

2/16/2016

0 Comentarios

 

DÍA 22 DE FEBREIRO

ÁS 18:10 NA BIBLIOTECA DO IES de MELIDE

TEMA: "A INTELIXENCIA EMOCIONAL"

RELATORA: CARME LOUREIRO



0 Comentarios

A xuntanza do mes de Xaneiro

2/11/2016

0 Comentarios

 
Imagen




















O pasado 25 de xaneiro estivo connosco Silvia Folgueira, con ela tratamos de buscar medios e maneiras que nos faciliten a comunicación cos nosos fillos. Déixovos a continuació a presentación que nos puxo Silvia por se queredes refrescar as cousas que alí falamos.
Un saúdo

como_falar_a_adolescentes.pdf
File Size: 2904 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

0 Comentarios

PRÓXIMA XUNTANZA

1/22/2016

0 Comentarios

 
Imagen
0 Comentarios

A Adolescencia, pais e nais na encrucillada

1/14/2016

0 Comentarios

 
O pasado 14 de decembro tivemos connosco a Carme Loureiro López, psicóloga con 36 anos de experiencia docente. Falounos sobre a adolescencia, os cambios que se producen no adolescente e tratounos de orientar sobre como posicionarnos ante estes cambios e os retos que nos plantexa esta nova etapa dos nosos fillos.
Charla e debate moi amenos que dende aquí queremos agradecerlle e esperamos contar con ela máis adiante.
Déixovos a presentación que empregou na charla por se alguén quere revisala de novo.
​
melide_14decembro.pdf
File Size: 5418 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

0 Comentarios

A adolescencia

12/13/2015

0 Comentarios

 
Este luns día 14 teremos a próxima xuntanza da escola de nais e pais. Estarán connosco Carmen Loureiro López, psicóloga experta en educación emocional que nos axudará a entender que cambios se producen no adolescente: tanto no seu físico como na súa maneira de comportarse e a súa maneira de pensar e de razoar. Entender todos estes cambios son o punto de partida para poder achegarnos a eles de forma efectiva e axudarlles na resolución de conflitos. Esperámosvos 
  • LUNS DÍA 14 DE DECEMBRO ÁS 18:10 NA BIBLIOTECA DO IES de MELIDE
información_xuntanza_decembro.pdf
File Size: 103 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

0 Comentarios
<<Anterior

    Autoría:

    Este espazo está confeccionado coa colaboración das familias e persoal do IES de Melide 

    Archivos

    Noviembre 2016
    Octubre 2016
    Febrero 2016
    Enero 2016
    Diciembre 2015
    Noviembre 2015

    Categorías

    Todos

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Contacto
  • Blog